CANTO SABES DE XEOGRAFÍA DE ESPAÑA? VI
Continúo coa serie adicada á xeografía española, xa que coñecela en profundidade non só nos axuda a entender mellor o noso país, senón tamén a interpretar como inflúe na nosa cultura, economía e formas de vida.
A contestación correcta á pregunta de onte é Ávila. Atópase na comunidade autónoma de Castela e León, situada xunto ao curso do río Adaja. Trátase da capital de provincia máis alta do país, a 1.131 m sobre o nivel do mar, en virtude do cal no seu centro urbano son relativamente frecuentes as nevadas durante o inverno. Séguelle Cuenca a 946 m e Teruel a 915 m.
E imos coa pregunta de hoxe!
6. Que río atravesa dez provincias ou comunidades uniprovinciales: Cantabria, Palencia, Burgos, Álava, A Rioxa, Navarra, Zaragoza, Huesca, Lérida e Tarragona?
- Ebro
- Douro
- Texo
Mañá a spolución e unha nova proposta!
FONTE: Propia e es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org e viajesdeprimera.com
0 comentarios