Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE AMÉRICA? XIII

Continúo coa serie, que onte comezamos sobre América, é o segundo continente máis grande da Terra, despois de Asia.

A contestación correcta á pregunta de onte é 1898. O 98 foi un ano desastroso para España. O presidente Roosevelt, apoiado polo cuarto poder, declarou a guerra. A poderosa frota estadounidense derrotou ás embarcacións españolas na batalla de Cavite, Filipinas. O Tratado de París, asinado o 10 de decembro de 1898, deu por finalizada a guerra hispano-estadounidense e por el España abandonou as súas demandas sobre Cuba, que declarou a súa independencia. Filipinas foi oficialmente entregada aos Estados Unidos por vinte millóns de dólares, e Guam xunto con Porto Rico convertéronse tamén en propiedades estadounidenses.

E imos coa pregunta de hoxe!

13. Identifica as seguintes bandeiras cos seus países:

a) Chile       

b) México

c) Cuba

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org          Imaxe: es.wikipedia.org         

0 comentarios