Neveira / Imaxe: whirlpoolstore.com.co
A resposta á pregunta do día anterior é A TRASEIRA ERA MÁIS GRANDE CA DIANTEIRA. O primeiro modelo de bicicleta inventado por Karl von Drais en 1817 tiña unha estrutura de madeira, a roda traseira era máis grande que a dianteira e avanzaba cando o condutor empuxábase cos pés, sen pedais. En 1839 apareceu a primeira bici a pedais da man de MacMillan, uns anos máis tarde chegou a "bone shaker" (axita-ósos), cunha roda dianteira moi grande na que ían colocados os pedais, e a finais do século XIX, cando as bicicletas xa tiñan un deseño máis seguro e cómodo e contaban con pneumáticos na rodas, naceu o ciclismo de competición.
E imos coa pregunta de hoxe...
10. Xusto antes da aparición dun gran invento como a neveira, cal era o método de conservación de alimentos máis utilizado?
- Deshidratación
- Salgadura
- Conservas
-Barreños de xeo
Maná a solución e unha nova proposta.
FONTE: nationalgeographic.com.es
0 comentarios