Blogia
vgomez

AVANCE ESPECTACULAR DA HUMANIDADE NOS DOUS ÚLTIMOS SÉCULOS

Gráfico superior ALFABETIZACIÓN (en azul poboación alfabetizada), gráfico inferior EDUCACIÓN (En azul, quen seguiría estudando tras a educación secundaria; en verde, educación secundaria; en laranxa, primaria; en amarelo, os que comezarían a primaria, pero sen terminala; en vermello, quen non recibirían ningunha educación formal, e en gris, os menores de 15 anos).


Moi pouca xente cre que o mundo vai cada vez a mellor. Un deles é Max Roser (Alemaña,1983), economista da Universidade de Oxford. A finais de decembro publicou seis gráficos na súa web que mostran como nos últimos 200 anos melloramos, e moito, nestes seis asuntos: pobreza extrema, educación básica, alfabetización, persoas que viven en democracia, vacúas e mortalidade infantil.

Entón, por que moitos seguimos coa idea de que todo vai cada vez peor ou, polo menos, igual de mal que sempre? Segundo Roser “os cambios positivos necesitan moito tempo”, xa que as tendencias constrúense ao longo de décadas ou mesmo séculos. En cambio, a nosa psicoloxía fai que prestemos máis atención aos eventos negativos, xa que poderían supoñer un perigo, e ademais os medios fíxanse menos nas tendencias a longo prazo e máis en eventos, que a miúdo son negativos, como as crises económicas, atentados, accidentes…

De todos ises gráficos (que podes seguilos, ampliados, nos artigo publicado na súa web premendo AQUÍ), fixareime nos referidos a alfabetización e ducación, que podedes ver na parte supeior.

Alfabetización: En 1820, só una de cada 10 persoas maiores de 15 anos sabía ler e escribir. En 1930 era unha de cada tres. E hoxe a porcentaxe chega ao 85% en todo o mundo.

Educación: Os mozos reciben máis e mellor educación que os maiores desde hai xeracións. Se segue esta tendencia, en 2.100 haberá máis de 7.000 millóns de persoas con, polo menos, educación secundaria. A educación é un dos principais motivos para ser optimistas respecto ao futuro, di Roser: “Ten consecuencias na mellora da economía e, por tanto, na redución da pobreza. Tamén na difusión de ideas democráticas e na saúde, xa que se coñecen mellor os beneficios de prácticas como as vacinas”.

FONTE: Jaime Rubio Hancock/Xornal El País/Verne

0 comentarios