Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE OS INVENTOS XI

CANTO SABES SOBRE OS INVENTOS XI

Cámara fotográfica orixinal de 1839, construída por Alph. Giroux, en París. Consérvase na Real Academia de Ciencias e Artes de Barcelona. Con esta cámara obtivéronse as primeiras vistas ao daguerrotipo en Barcelona, o 10 de novembro de 1839 / Imaxe:wikipedia

A resposta á pregunta do día anterior é BARREÑOS DE XEO.  Dende que o ser humano empezou a ter excedentes de comida, unha das maiores preocupacións foi como almacenala, algo que deu un xiro radical cando empezamos a usar a neveira. Este avance debémosllo a Carl von Linde, quen en 1876 patentou o primeiro modelo de frigorífico. Con todo, ao principio as neveiras eran demasiado grandes e aparatosas, ademais de perigosas polos gases que se usaban no proceso de refrixeración, e non foi ata os anos 20 do século XX cando apareceron as primeiras neveiras domésticas.

E imos coa pregunta de hoxe...

11.    A primeira cámara de fotos requiría un tempo de exposición altísimo, 8 h aproximadamente. A canto conseguiu reducir Daguerre este tempo de exposición?

- 10 min.

- 4 horas

- 5 horas

- 7,30 horas

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: nationalgeographic.com.es

0 comentarios