BANDEIRAS DO MUNDO CXIV
Esta é a bandeira de Mauritania (República Islámica de Mauritania/الجمهورية الإسلامية الموريتانية/Yumhuriya Islamiya Mauritaniya), un país ubicado no noroeste de África. Conta cunha poboación que rolda os 4,5 millóns de habitantes, sendo a súa capital Nuakchot. O idioma oficial é o árabe.
A bandeira consiste nun fondo de cor verde no que figuran unha lúa crecente de cor amarela situada baixo unha estrela de cinco puntas da mesma cor. As cores verde e amarela están asociadas co panafricanismo. O verde tamén é un símbolo do islam e o amarelo do deserto do Sahara. A lúa crecente e a estrela son considerados símbolos no islam, a relixión maioritaria de Mauritania.
FONTE: gal.wikipedia.org
0 comentarios