CANTO SABES DE ANDORRA? VI
Continúo coa serie adicada a Andorra, un micro-estado que se atopa no suroeste de Europa, no corazón dos Pirineos Orientais tendo fronteira con España pola Comunidade Autónoma de Cataluña e con Francia polo departamento de l’Ariège.
A contestación correcta á pregunta de onte é Catalán. É o idioma oficial pero non só se fala nese idioma en Andorra, a saber...
E imos coa pregunta de hoxe!
6. Cal é a poboación, aproximada, de Andorra?
- 50.000 habitantes
- 75.000 habitantes
- 85.000 habitantes
- 100.000 habitantes
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: commons.wikimedia.org e lugares de nieve.com
0 comentarios