BANDEIRAS DO MUNDO LXXVI
Esta é a bandeira da República do Congo (République du Congo/Repubilika ya Kongo/Republiki ya Kongó), un país da África Central, tamén chamado Congo-Brazzaville para distinguilo da veciña República Democrática do Congo. Conta cunha poboación que rolda os 5 millóns de habitantes, sendo a súa capital Brazzaville. O seus idiomas oficiais son o francés, lingala e congo.
A bandeira está formada por dous triángulos opostos, separados por unha franxa diagonal amarela. O trángulo esquerdo é verde e o dereito é vermello. Estas cores son as tradicionais do panafricanismo e proveñen da bandeira de Etiopía: o vermello significa a loita pola liberdade, o verde representa a natureza do país e o amarelo simboliza a riqueza da natureza.
FONTE: gal.wikipedia.org
0 comentarios