CANTO SABES SOBRE A TÁBOA PERIÓDICA? XI
Continúo coa serie adicada á táboa periódica dos elementos, unha disposición en formato de táboa dos elementos químicos, ordenados polo seu número atómico, configuración electrónica e propiedades químicas recorrentes.
A contestación correcta á pregunta de onte é Hidróxeno. É o elemento químico máis abundante no universo, forma parte tanto das estrelas, como da auga que bebemos. Supón o 75% da materia, e o 90% de todos os átomos do universo son de hidróxeno.
E imos coa pregunta de hoxe!
11. O hidróxeno é tamén un dos 6 elementos que conforman a materia viva. Pero existen outros 5 elementos máis necesarios para que se forme a vida tal e como a coñecemos. Son os ladrillos básicos da materia orgánica. Darémosche unha pista: 2 deles son o osíxeno e o carbono. Entre estes outros 4 elementos hai un intruso. Es capaz de identificalo?
- Fósforo
- Xofre
- Cadmio
- Nitróxeno
Mañá a solución e una nova pregunta!
FONTE: nationalgeographic.com.es e es.wikipedia.org Imaxe: química.net e es.wikipedia.org
0 comentarios