Blogia
vgomez

CANTO SABES DE NEPAL? XVI

Continúo coa serie adicada a Nepal, que non só é o país das montañas maxestosas e os templos sacros. É tamén unha terra onde as tradicións milenarias seguen vivas en cada xesto cotián, en cada celebración, en cada palabra.

A contestación correcta á pregunta de onte é Nepalí. O idioma oficial de Nepal é o nepalí (ou nepalés), tamén chamado gorjali. É a lingua materna do 44,6% da poboación aínda que a miúdo como segunda lingua. É unha lingua indo-aria escrita co alfabeto Devanagari, falada por uns 17 millóns de persoas no país. Con todo, Nepal é multilingüe con máis de 123 linguas e dialectos, incluíndo Maithili, Bhojpuri, Tamang, Newari e o inglés en zonas turísticas.

E imos coa pregunta de hoxe eúltima da serie!

16. Cal é o animal sagrado de Nepal?

- Elefante

- Vaca

- Rinoceronte

- Tigre

Mañá a solución e fin da serie!

FONTE: es.wikipedia.org e exteriores.gob.es   Imaxes: es.wikipedia.org e facebook.com/ceressoft 

0 comentarios