CANTO SABES SOBRE A INDIA? XVIII
Continúo coa serie adicada á India, ese país alucinante da Ásia meridional.
A contestación correcta á pregunta de onte é…
- Ese punto vermello que levan na fronte tanto mulleres como homes, chámase bindi (nas mulleres) e tilaka (nos homes). V
- O traxe típico hindú dos homes chámase Sari e o das mulleres Dhoti. F, é ao revés Sari mulleres e Dhoti homes.
- A vaca é o animal sagrado da India. V
- Igual que ocorre na cultura occidental, o movemento xestual que se utiliza para a negación é movendo a cabeza de lado a lado. F, O movemento de lado a lado indica Si, ao contrario da cultura occidental.
- Os Sadhus son monxes que seguen a súa vida polo camiño da austeridade para obter a iluminación e a felicidade. V
- O deporte rei, e case único, é o Criquet. V
- É o mesmo dicir hindú que indio. F, o Hindú é o practicante do hinduísmo (lembremos que en India hai varias relixións) e o indio é o habitante da India.
E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!
18. Que persoa esta no cargo da Presidencia da India?
- Narendra Modi
- Jagdeep Dhankhar
- Draupadi Murmu
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org e saoviajes.es Imaxe: saoviajes.es e ecommerceguide.com/es
0 comentarios