Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE A CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA? XIV

Continúo coa serie sobre a CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA do 78. Unha gran descoñecida para boa parte dos españois e que desde aquí pretendo mellorar o seu coñecemento.

A contestación correcta á pregunta de onte é Por sufraxio universal e polas Comunidades Autónomas. O artigo 69 indica: 1. O Senado é a Cámara de representación territorial 2. En cada provincia elixiranse catro Senadores por sufraxio universal, libre, igual, directo e secreto polos votantes de cada unha delas, nos termos que sinale unha lei orgánica 3. Nas provincias insulares, cada illa ou agrupación delas, con Cabildo ou Consello Insular, constituirá unha circunscrición a efectos de elección de Senadores, correspondendo tres a cada unha das illas maiores –Gran Canaria, Mallorca e Tenerife– e un a cada unha das seguintes illas ou agrupacións: Eivissa-Formentera, Menorca, Forteventura, Gomera, Hierro, Lanzarote e A Palma 4. As poboacións de Ceuta e Melilla elixirán cada unha delas dous Senadores 5. As Comunidades Autónomas designarán ademais un Senador e outro máis por cada millón de habitantes do seu respectivo territorio. A designación corresponderá á Asemblea lexislativa ou, na súa falta, ao órgano colexiado superior da Comunidade Autónoma, de acordo co que establezan os Estatutos, que asegurarán, en todo caso, a adecuada representación proporcional 6. O Senado é elixido por catro anos. O mandato dos Senadores termina catro anos despois da súa elección ou o día da disolución da Cámara.

E imos coa pregunta de hoxe!


14. Segundo a Constitución, cantos deputados forman o Congreso?

- 265

- 349

- Un mínimo de 300 e un máximo de 400

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Adaptación propia da idea orixinal antena3.com  Imaxe: rtve.es

0 comentarios