Blogia
vgomez

CANTO SABES DE GALICIA XXX

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Lugo. Concretamente na parroquia de A Devesa, no concello de Ribadeo, na Mariña Lucense, no mar Cantábrico. Foi bautizada orixinalmente como a praia de Augas Santas. Con todo, é coñecida por todos como a Praia das Catedrais debido ás xigantescas rochas en forma de colosais arcos e torres, moi similares aos vistos nos templos cristiáns. O característico da praia son os arcos e as covas, só apreciables a pé de praia durante a baixamar. Durante a pleamar a praia é relativamente pequena,

E Imos coa pregunta de hoxe!

Ai eu coitada, como vivo em gram cuidado

por meu amigo que hei alongado;

       muito me tarda

       o meu amigo na Guarda.

Ai eu coitada, como vivo em gram desejo

por meu amigo que tarda e nom vejo;

       muito me tarda

       o meu amigo na Guarda.

 

30. A lírica galaicoportuguesa desenvolveuse na Idade Media, fundamentalmente entre os séculos XII e XIV​ en  galegoportugués, a lingua primitiva da que derivarían posteriormente o portugués e o galego modernos. Aínda que a maior parte dos poetas de que se ten referencia proviñan de Galicia e do norte de Portugal, foi cultivada tamén por multitude de poetas doutros lugares da península ibérica (o exemplo máis destacado é o de Alfonso X o Sabio, autor das Cantigas de Santa María, tamén en galego-portugués), chegando a ser unha lingua fundamental na lírica culta de Castela nos séculos XIII e XIV. Tres son os xéneros principais: cantigas de amor, cantigas de amigo e cantigas de escarnio e maldicir. A que xénero pertence a cantiga superio?

- Amor

- Amigo

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com e wikipedia.es Imaxe: meristation.as.com

0 comentarios