Facebook Twitter Google +1     Admin

CHEGA O OUTONO

Publicado: 22/09/2016 07:04 por vgomez en DOCENCIA
20160920232527-outono2.jpg

Estampa de outono / Imaxe: rclamego.pt

Hoxe, ás 16 horas e 21 minutos, hora oficial peninsular, entrará oficialmente o outono. Esta estación durará 89 días e 20 horas, e terminará o 21 de decembro co comezo do inverno.

Por outra banda, o domingo día 30 de outubro terá lugar o cambio de hora, recuperando o horario de inverno.

O inicio astronómico das estacións vén dado, por convenio, como o instante en que a Terra pasa por unha determinada posición da súa órbita ao redor do Sol. No caso do outono, esta posición é desde a que o centro do Sol, visto desde a Terra, cruza o ecuador celeste no seu movemento aparente cara ao sur. Cando isto sucede, a duración do día e a noite practicamente coinciden, e por iso, a esta circunstancia lla chama tamén equinoccio de outono. Neste instante no hemisferio sur iníciase a primavera.

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.