Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE AMÉRICA? XII

Continúo coa serie, que onte comezamos sobre América, é o segundo continente máis grande da Terra, despois de Asia.

A contestación correcta á pregunta de onte é Groenlandia. Aínda que fisicamente é parte do continente norteamericano, Groenlandia atópase politicamente ligado a Europa dende hai máis dun milenio. É un territorio de Dinamarca, situado xunto ao Océano Ártico e ao norte do Océano Atlántico. É a illa máis grande do mundo, estando case o 84% da súa superficie cuberta por xeo, ademais de ser o país cunha menor densidade de poboación.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. A pesenza de España é américa foi moi importante, mesmo dende o seu decubrimento en 1492. Pero o imperio español foi pouco a pouco en declive, acadando un punto final coa perda das útimas colonias, entre elas Cuba e Puerto Rico. En que ano sucedeu?

- 1895

- 1897

- 1898

- 1899

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org          Imaxe: vocesdelperiodista.mx

0 comentarios