Facebook Twitter Google +1     Admin
20160923105926-isla-de-chocolate-philipinas.jpg

Os Outeiros de Chocolate / Imaxe.huaynapicchu.org

Os Outeiros de Chocolate (tsokolateng burol, en tagalo), denominados así porque a súa cobertura de herba verde adquire unha cor marrón ao secarse entre decembro e maio, están en Bohol (Filipinas) e compóñense duns 1.260 outeiros, repartidas en máis de 50 km2.

Estes outeiros cónicos, que están separados por chairas planas e conteñen numerosas covas e mananciais, son similares a outras de rocha calcárea que hai en Eslovenia, Croacia, Porto Rico ou Cuba.

Trátase dunha forma de relevo característica de certas paisaxes kársticos, é dicir, xurdidos a partir dunha combinación da disolución da rocha por efecto da choiva, as augas superficiais e as subterráneas.

Orixinariamente os compoñentes que a forman depositáronse no mar por acumulación de esqueletos calizos de organismos mariños (corais, moluscos…) e despois, durante o Plioceno, hai uns cinco millóns de anos, a rocha calcárea foi fracturada e elevada sobre o nivel do mar por mor de procesos tectónicos.

FONTE: Álex Fernández Muerza/Revista Muy Interesante

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.