CANTO SABES SOBRE AS ABELLAS? VIII
Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE AS ABELLAS? As abellas son insectos cruciais para a polinización, tanto de cultivos como de plantas silvestres, o seu comportamento e organización social aínda encerra misterios.
A contestación correcta á pregunta de onte é 230 veces. A diferenza doutros insectos voadores, que baten as ás formando un ángulo de entre 145 e 165 graos, o das abellas é menor a 90 graos, pero fano a moita máis velocidade cunha frecuencia de 230 veces por segundo. Esta rapidez é a que ocasiona o seu característico son ao voar.
E imos coa pregunta de hoxe!
8. Que usan as abellas para colleitar o néctar das flores?
- As súas patas
- A súa lingua
- As súas ás
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es, fundacionaquae.org e aportacións propias con infor mación gal.wikipedia.org Imaxe: fundacionaquae.org
0 comentarios