Blogia
vgomez

CANTO SABES DE LUXEMBURGO? X

Continúo coa serie adicada a Luxemburgo, oficialmente Gran Ducado de Luxemburgo, un pequeño país sen litoral marítimo de Europa occidental que debido a súa situación física, estabilidade política, poboación plurilingüe e os incentivos fiscais convertérono nun importante centro financeiro.

A contestación correcta á pregunta de onte é Mosela. Luxemburgo ten unha serie de ríos menores, como o Eisch, o Alzette e o Pétrusse, pero o principal río é o Mosela. Nace no macizo montañoso dos Vosgos, fluíndo a través da Francia nororiental cruzando Épinal, Charmes, tocando case Nancy, Metz, Guénange e Thionville. Logo durante un longo treito serve de límite entre Alemaña e Luxemburgo, para pasar a continuación a ser un río exclusivamente alemán desde as proximidades de Tréveris. Únese finalmente ao río Rhin en Coblenza (Koblenz) despois de percorrer 545 km.

E imos coa pregunta de hoxe!

10. Idioma/s oficial/oficiais de Luxemburgo.

- Luxemburgués

- Luxemburgués e francés

- Luxemburgués e alemán

- Luxemburgués, francés e alemán

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: istockphoto.com/es e turiscom.org

0 comentarios