CANTO SABES DA GRAN BRETAÑA? XVII
Continúo coa serie adicada a Gran Bretaña, a illa situada no océano Atlántico Norte fronte á costa noroeste da Europa continental, sendo a maior illa de Europa, é a terceira máis poboada do planeta.
A contestación correcta á pregunta de onte é Snowdon. É a montaña máis alta de Gales, cunha altura de 1.085 metros. Está situada no parque nacional de Snowdonia (Parc Cenedlaethol Eryri). As rochas que forman Snowdon foron producidas por volcáns no período ordovícico, e o macizo foi esculpido cumpridamente por glaciación, formando o pico piramidal de Snowdon e as arestas de Crib Goch e E Lliwedd.
E imos coa pregunta de hoxe!
17. Cal é a illa máis grande de Gales?
- Holy
- Bardsey
- Ramsey
- Anglesey
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org
0 comentarios