Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE AS BOLBORETAS?

Bolboreta Morpho azul (Mporpho peleides)

De aspecto delicado, voo grácil e exuberantes cores, as bolboretas son sen dúbida uns dos insectos máis rechamantes. Pero máis aló do apreciable a primeira ollada, estas estrañas criaturas albergan máis dun segredo.

Se che apetece, quero que coñezas máis en profundidade o mundo das bolboretas, polo que durante uns días propñereiche unha pregunta, tendo ao día seguinte a solución e unha nova proposta.

Anímaste? Pois comezamos!

1. Un bo punto de partida consiste saber que se trata dun insecto da orde...

- Dípteros

- Lepidópteros

- Coleópteros

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: nationalgeographic.com.es       Imaxe: ISTOCK

0 comentarios