CANTO SABES DE XEOLOXÍA? II
Continúo coa serie Canto sabes de xeoloxía? A xeoloxía é o estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles. Inclúe o estudo de organismos que habitaron o noso planeta.
A contestación correcta á pregunta de onte é Ígnea, sedimentaria e metamórfica. As rochas ígneas, como o basalto e o granito, son magma fundido solidificado. As rochas sedimentarias, como o conglomerado e a pedra calcaria, fórmanse a medida que o sedimento acumúlase e compáctase en pedra. E as rochas metamórficas, como suxire o seu nome, son rochas que foron transformadas pola calor, a presión ou os produtos químicos en algo novo coma o mármore.
E imos coa pregunta de hoxe!
2. Os rubís, os zafiros e as esmeraldas son máis raros cós diamantes.
- Verdadeiro
- Falso
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia
0 comentarios