CANTO SABES SOBRE AS BOLBORETAS? II
Continúo coa serie adicada ás bolboretas, eses insectos de aspecto delicado, voo grácil e exuberantes cores.
A contestación correcta á pregunta de onte é Lepidópteros. Esta orde de insectos comprende as bolboretas (diúrnas) e as avelaíñas (esencialmente nocturnas), da que se describiron preto de 180.000 especies, clasificadas en 126 familias e 46 superfamilias, que supoñen o 10% de todas as especies de seres vivos descritas.
E imos coa preguna de hoxe!
Bolboreta carteiro de México (Heliconius melpomene)
2. Ademais de lepidópteros, as bolboretas teñen un ciclo de vida complexo en que pasan por varias transformacións bruscas na forma do seu corpo. Sabes como se coñece aos insectos que pasan por este proceso?
- Hemimetábolos
- Holometábolos
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: nationalgeographic.com.es Imaxe: ISTOCK
0 comentarios