CANTO SABES DE XEOLOXÍA XX
Continúo coa serie adicada á xeoloxía, esa ciencia que se adica ao é estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles, incluindo o estudo de organismos que habitaron o noso planeta e como non, o estudo de como os materiais, estruturas, procesos e organismos da Terra cambiaron co tempo.
A contestación correcta á pregunta de onte é...
O circo é unha depresión semicircular que posúe paredes moi inclinadas e fórmase na zona de acumulación, a parte máis alta dun glaciar onde neva e a presenza de temperaturas moi baixas fai que a neve se manteña en forma sólida, alimentando ao glaciar. A súa forma débese ao proceso de erosión basal, o arrastre de fondo e a fragmentación das rochas das paredes xeradas pola conxelación da auga entre gretas, fracturas e poros. Cando o xeo xa non está presente, adoitan formarse lagos glaciares.
A lingua é a prolongación dun glaciar que descende por un val desde o circo glaciar ata alcanzar zonas máis baixas onde o xeo se funde. Esta corrente de xeo en movemento é a parte máis activa do glaciar e onde se concentran os procesos de desxeo e a sedimentación.
Unha arista é unha crista rochosa estreita e afiada, similar ao fío dun coitelo, que se forma na divisoria entre dous vales ou circos glaciares paralelos. Estas cristas son o resultado da intensa erosión do xeo que desgasta a montaña por ambos os lados.
As morenas son sedimentos non estratificados formados polos materiais que transporta un glaciar que se depositada nas súas proximidades.
E imos coa pregunta de hoxe!
21. O mar realiza unha acción sedimentaria, que contrinue a modelaxe da paisaxe. Completa o cadro desta modelaxe.
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Propia e gl.wikipedia.org Imaxes: natureduca.com e es.slideshare.net
0 comentarios