Facebook Twitter Google +1     Admin

ACORDO EN KIGALI SOBRE OS HFC

Publicado: 17/10/2016 14:00 por vgomez en ZONA VERDE
20161016081539-20161015024457-art.jpg

O secretario de estado Norteamericano, Jonh Kerry, na reunión sobre o clima en Kigali /JAMES AKENAREUTERS

Os representantes de case 200 países adoptaron o sábado en Kigali (Ruanda) un acordo sobre a eliminación progresiva dos hidrofluorocarburos (HFC), gases usados en frigoríficos e aparellos de aire acondicionado, considerados moi nocivos para o clima.

O acordo, adoptado en Kigali tras unha semana de conversacións e unha reunión que se prolongou durante toda a noite, modifica o Protocolo de Montreal, asinado en 1987 para preservar a capa de ozono e podería evitar un quecemento de 0,5 graos durante este século.

Segundo o Programa de Nacións Unidas para o Medio (PNUMA), esta emenda é "a maior contribución do mundo" aos acordos do cume climático de París do pasado ano.

O uso dos gases HFC foi implementado para evitar outros gases que danaban a capa de ozono e agora búscase substituílos tamén debido a que teñen un forte impacto no quecemento global do planeta.

Os HFC son un dos gases máis daniños e que máis contribúen para o efecto invernadoiro.

Durante os últimos anos creceu significativa a súa emisión debido á crecente demanda de refrixeración, especialmente nos países en desenvolvemento cunha clase media en rápida expansión e climas cálidos.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.