Facebook Twitter Google +1     Admin

ADIVIÑA O ANIMAL X

Publicado: 26/01/2017 07:57 por vgomez en CURIOSIDADES
20170125190713-pavoreal.jpg

 

A contestación correcta á pregunta de onte é SI.

O picozapato (Balaeniceps rex) é unha ave que se atopa en perigo de extinción, en situación vulnerable segundo a UICN debido á perda do seu hábitat e á caza. É de cor gris e aliméntase de peixes e ras que caza nas ciénagas e augas estancadas de África tropical e oriental. O seu nome débese loxicamente ao seu enorme pico.

E agora, a pregunta de hoxe:

Non se trata de ningún cadro nin ningunha manipulación dixital. Sabes que animal estamos a ver?

- Esa araña non pode ser de verdade

- Unha araña arco da vella

- Unha araña pavón

- Unha araña dardo

Mañá a solución e... unha nova proposta!

FONTE: Revista Muy Interesante

Comentarios  Ir a formulario

gravatar.comMateo Carabelos

É a araña pavón!!!

Fecha: 26/01/2017 17:57.


Añadir un comentario



No será mostrado.