ADIVIÑA O MONUMENTO NATURAL IV

Publicado: 28/02/2017 09:17 por vgomez en CURIOSIDADES
m4

 

A contestación á pregunta do día anterior é as CATARATAS DE IGUAZÚ.

As cataratas de Iguazú localízanse sobre o río Iguazú, en Arxentina, América do Sur. Absolutamente inmersas en áreas protexidas, estas impresionantes cataratas están formadas por 275 saltos. O seu salto de maior caudal e tamén o máis alto é a "Garganta do diaño". Desde 2012 son oficialmente una das "Sete marabillas naturais do mundo".

E agora, a pregunta de hoxe:

Estamos ante un dos monólitos máis grandes do mundo. Sabes cal é?

- Pena de Bernal, en México.

- Sigiriya, en Sri Lanka.

- Uluru, en Australia.

Mañá a solución e... unha nova proposta!

FONTE: Revista Muy Interesante


Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.