Facebook Twitter Google +1     Admin

"UN LIBRO" PARA O DÍA DO LIBRO

Publicado: 23/04/2017 08:47 por vgomez en OUTRAS COUSAS
20170423082201-libro.jpg

Portada do libro / Imaxe: Amazon.es

Hoxe celebramos o Día do Libro. Festa que se celebra dende 1995, baixo os auspicios da UNESCO, coa idea de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitor de autor. Esta data coincide co día da norte de  Miguel de Cervantes.

E coma tal, propóñovos un libro da editorial Galaxia, colección Costa Oeste: "Os nenos da variola" de María Solar (Santiago,1970).

O libro achéganos a unha das aventuras máis importantes da historia da humanidade, protagonizada por uns nenos que non tiñan idea de facerse heroes. Aínda que o foron. Nos seus pequenos corpos, brazo a brazo, levaron a vacina da varíola a América. Sacados dos hospicios da Coruña, Santiago e Madrid, cruzarán o Atlántico formando parte da Expedición do doutor Balmis e na que unha muller fascinante, Isabel Zendal, xogará un apapel determinante. A historia comeza en 1803. Na miseria dos orfanatos. Nun barco que pode ser tamén unha tumba. Nun mar hostil e desapiadado. No medio dese universo cruel, a esperanza e un posible futuro. O heroísmo anónimo de 22 nenos que, grazas a este libro, xa non o serán máis nunca.

Por certo, quen prefira en castelán, tédelo na editorila Anaya: Los niños de la Viruela.

Boa lectura!

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.