Blogia
vgomez

"ABRELATAS" DE HAI 500 MILLÓNS DE ANOS

 

Un grupo de paleontólogos descubriu no parque nacional de Kootenay, na Columbia Británica (Canadá), unha curiosa criatura mariña de hai 507 millóns de anos cunhas grandes tenazas na parte dianteira que lembran a un abrelatas. A nova especie fósil arroxa luz sobre a orixe dos mandibulados, o grupo máis abundante e diverso de organismos de terra, ao que pertencen as moscas, formigas, cangrexos de río e ciempiés.

O animal, chamado Tokummia katalepsis, é un artrópodo, invertebrados con extremidades segmentadas e exoesqueletos duros. Vivía nun mar tropical cheo de vida e foi un dos maiores depredadores do Cámbrico, superando os 10 cm de lonxitude totalmente estendido. Nadaba de cando en vez, pero polos seus robustas patas anteriores é posible que preferise habitar os fondos mariños, como as lagostas ou os camaróns mantis actuais.

A análise de varias mostras fósiles mostrou que o Tokummia lucía unhas anchas mandíbulas dentadas, así como uns apéndices anteriores, chamados maxilípedos, grandes e especializados.

O corpo de Tokummia está feito de máis de 50 pequenos segmentos cubertos por unha ampla estrutura parecida a unha cuncha de dúas pezas chamada caparazón bivalvo. O corpo segmentado lembra aos miriápodos, un grupo que inclúe os ciempiés, milpiés e os seus familiares.  

O fósil, excepcionalmente conservado, permite ver en detalle a anatomía dos primeiros mandibulados, que posúen un par de apéndices especializados coñecidos como mandíbulas para captar, triturar e cortar a súa comida. Os mandibulados inclúen millóns de especies e representan un dos maiores éxitos evolutivos e ecolóxicos da vida na Terra.

FONTE: Xornal abc/ciencia

0 comentarios