Facebook Twitter Google +1     Admin

Los conejos fueron una plaga en Australia durante todo el siglo XX.
Os coellos foron unha praga en Australia durante todo o século XX / CSIRO

As autoridades australianas liberaron por todo o seu territorio unha cepa mortífera dun virus para arrasar as súas poboacións salvaxes de coellos. O patógeno, causante da enfermidade hemorrágica, é tan letal como o ébola e tan contaxioso como a gripe. En só un par de meses, o virus eliminou o 42% dos exemplares silvestres, segundo as cifras preliminares do Goberno de Nova Gales do Sur, o estado máis poboado de Australia.

Os coellos europeos foron introducidos en 1859 na illa maior por un colono inglés, Thomas Austin. Os animais, sen apenas depredadores, convertéronse nunha peste. Unha coella pode ter cada ano máis de cinco camadas, de ata cinco gazapos cada unha. Ante a praga, as autoridades australianas decidiron en 1900 levantar un valo de 1.700 quilómetros para impedir o paso dos coellos á parte occidental da illa. Non funcionou. Na década de 1920, había uns 10.000 millóns de coellos silvestres en Australia, segundo os cálculos do Goberno.

As autoridades propagaron agora, nuns 600 puntos da illa, a nova cepa K5 do coñecido virus da enfermidade hemorrágica do coello. A cepa, denominada cientificamente RHDV1 K5, illouse en Corea do Sur e só afecta os coellos silvestres.

Pero a guerra biolóxica en Australia pon os pelos de punta aos expertos españois."É unha medida perigosa para outras partes do mundo nas que tentamos preservar os coellos. Os virus non saben de fronteiras. Calquera australiano pódeo traer a España nas súas botas. É unha medida irresponsable", comenta o virólogo español Francisco Parra, da Universidade de Oviedo.lamenta Parra.

Australia xa introducira en 1951 o virus da mixomatosis (descuberto en Uruguai) para diezmar as súas poboacións de coellos. En 1952, vista a letalidade alcanzada en Oceanía, un médico xubilado francés decidiu liberar o virus nas súas terras. A mixomatosis estendeuse por toda Europa, chegando a aniquilar o 99% dos coellos nalgunhas rexións.

"Xogar con virus patógenos é perigoso. Un só país non debería poder tomar unha decisión así. Debería ser un tema regulado pola Organización Mundial de Sanidade Animal", opina o biólogo Rafael Villafuerte, do Instituto de Estudos Sociais Avanzados (CSIC), en Cordoba.

Os virus non saben de fronteiras e as consecuencias son imprevisibles!

FONTE: Manuel Ansede/Xornal El País/Materia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Archivos

Ms

contador de visitas

Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris
Plantilla basada en el tema iDream de Templates Next