20170911121453-moda.jpg

Pasión pola moda / Imaxe:visitflanders.com

É difícil escapar da MODA. Todo está marcado por ela: roupa. peiteados, mobles... Hoxe imos reflexionar sobre esta palabra a través das seguintes frases.

A primeira é do escritor e dramaturgo inglés Henry Fielding (1707-1754): "A moda é a ciencia da aparencia, e que lle inspira a un o desexo de parecer máis que de ser"

A segunda é do escritor e poeta irlandés Oscar Wilde (1854-1900): "A moda é sempre un esperpento tal que nos vemos obrigados a cambiar cada seis meses"

Para rematar, a terceira é do deseñador italiano Gianni Versace (1941-1997): "Non deixes que a moda te domine, ti decides quen eres e que queres expresar"