A catedral de San Basilio, orixinalmente coñecida como Catedral da Intercesión da Virxe no Montículo, é unha catedral localizada na Praza Vermella, escoltada polo Kremlin e o Mausoleo de Lenin, na cidade de Moscova, Rusia. É recoñecida mundialmente polas súas impactantes cúpulas características. A catedral está dedicada a un pescador chamado Basilio, que se supoñía que era vidente e sanaba aos pobres.

A construción da catedral foi ordenada polo zar Iván o Terrible e realizouse entre 1555 e 1561. Ao ser terminada, ordenou sacarlle os ollos ao arquitecto, Postnik Yakovlev, para que non puidese construír nada igual. En 1588 o zar Fiodor Ivanovich ordenou que se agregase outra capela, sobre a tumba de San Basilio, santo polo cal se empezou a chamar popularmente a catedral. A idea orixinal consistía en construír un grupo de capelas, cada unha dedicada a cada santo en cuxo día o zar Iván gañou unha batalla. Unha torre central combina estas áreas nunha soa catedral.

A catedral destácase polo seu colorido. Consiste en 9 pequenas capelas construídas nun só elemento, cada unha diferentes ás outras. O deseño baséase no de igrexas contemporáneas de teito en forma de bulbo, tales como a Igrexa de San Xoan Bautista en Dyakovo e a Igrexa da Ascensión en Kolomenskoye. Álzase maxestuosa, tendo todos os seus acabados unha beleza máxima conseguida pola boa combinación de cores. A capela do centro, destácase bastante polo iconostasio en ouro e as pinturas dedicadas á virxe e ao seu fillo. En todo o seu redor, van formándose as demais capelas que se entrelazan desde a entrada principal ata o primeiro piso. É un arsenal encantador de cores que se remolinan e de torres de ladrillo vermello. As oito torres están rematadas con cúpulas en forma de cebola colócanse ao redor dunha novena expira central, formando todo o conxunto unha estrela de oito puntas.

A igrexa salvouse da destrución varias veces durante a historia tumultuosa da cidade.  No video supeior podes coñecela máis polo miudo. 

FONTE: arqhys.com