Blogia
vgomez

GOOGLE ARTS & CULTURE

Bhau Daji Lad Museum en Google Arts & Culture / Imaxe: bdlmuseum.org

Google Arts & Culture naceu en 2011 co obxectivo de facer accesibles ás internautas obras de arte e monumentos de todo o mundo. A compañía tecnolóxica colaborou dende entón con máis de 1.200 museos, galerías e institucións en 70 países para que as exposicións estean dispoñibles en liña para calquera persoa.

Poderás visitar lugares emblemáticos aos que se pode acceder nunha visita de 360 graos coma o Museo Nacional de Brasil, o Coliseo de Italia, as pirámides de Exipto, o Taj Mahal da India, as ruínas de Chichén Itzá de México, o monte  Rushmore de EE  UU ou o Palacio de  Versalles de Francia. Mesmo é posible ver o Palacio de Inverno do  Bogd  Khan de Mongolia, a Porta da India ou os templos de  Prambanan de Indonesia e realizar un circuíto virtual por miles de exposicións de todo o mundo como o  MoMA (The  Museum  of  Modern  Art) de Nova York, o  British  Museumde Londres ou o Museo de Israel de Xerusalén.

Pois xa podes empezar premendo Google Arts & Culture.

0 comentarios