Blogia
vgomez

O SANGUE DE OURO: RH-NULL

Bolsas de sangue / Imaxe: revista.consumer.es

Teno só una de cada 160 millóns de persoas, ou sexa, 43 en todo o mundo. Coñecido como  Rh-null (Rh nulo), describiuse en 1961 nunha aborixe australiana e débese a unha alteración xenética que fai que os  antígenos, que se utilizan para clasificar os  grupos sanguíneos, non se expresen (o sangue ten 61).

Os individuos con esta característica comparten cos do grupo 0- unha singularidade: ambos son doantes universais, pero só poden recibir unha transfusión da súa mesmo grupo. Na localidade británica de  Filton, o Laboratorio Internacional de Referencia de Grupos Sanguíneos (IBGRL) dispón dunha base de datos cos deste reducido club para garantir que ningún dos seus integrantes que necesite unha doazón quede sen ela. A iniciativa conta cun grave inconveniente: os posuidores de  Rh nulo residen en países tan distantes entre si como Xapón, Brasil, Irlanda ou Estados Unidos, o que dificulta o traslado dunha bolsa se se precisa con urxencia. No caso de que alguén con  Rh nulo teña que someterse a unha cirurxía programada, previamente extráeselle sangue que se almacena (dura 45 días) por se fose necesaria.

En canto aos grupos máis normais, A,  B,  AB e 0, coas súas variantes positiva e negativa, os máis frecuentes no mundo son o A+, o 0+ e o  B+, pero a distribución varía moito por países. Por exemplo, en España, un 36 % da poboación é 0+, un 34 % A+ e un 8%  B+. Estas proporcións son similares noutros países europeos. En cambio, o  B+ é moi abundante en países como Arabia Saudita (33 %), India (31 %), Xapón (20 %) ou Taiwan (24 %). O 0-, doante universal, ten un presenza importante en Europa, onde oscila entre o 6 % de Francia ou Alemaña, o 7 % de Italia e o 9 % de España. En cambio, en Asia dáse moi raramente (India, 2% ou Xapón, 0,15 %).

Ter sangue Rh-null é un  comodín vermello que pode salvar as vidas de miles de persoas aínda que as persoas deste grupo só poidan recibir transfusións do seu propio corpo, ou dos outros «irmáns» que a providencia dispersou polo planeta  caprichosamente. Por certo, que se sepa, en España hai unha barcelonesa con iste tipo de sangue: Jazmín Zambrano, de 37 años e nacida en Ecuador.

FONTE: Luis otero/muyinteresante.es e abc.es

0 comentarios