A MÁQUINA GAÑA AO HOME
Resolver un cubo de Rubik sen axuda e en pouco tempo sempre é rechamante. Lucas Etter, un adolescente de 14 anos, ten o récord de ser o humano que máis rápido resolveu un destes crebacabezas: tan só tardou 4,9 segundos.
Aínda que sexa sorprendente en pouco tempo no que o conseguiu, agora un robot demostrou unha vez máis a superioridade das máquinas ao resolver o cubo de Rubik en menos de 1,2 segundos. Os enxeñeiros de software Jay Flatland e Paul Rose, de Kansas (Missouri, EEUU) son os autores deste sistema robótico que inclúe varias cámaras, un computador que fai funcionar o programa para resolver o cubo de Rubik e seis brazos monitorados colocados dentro dunha estrutura creada cunha impresora 3D que fai virar os lados do cubo.
As cámaras escanean o cubo, entregan a información ao algoritmo do programa (chamado Kociemba) e este algoritmo informa os motores da secuencia de movementos que teñen que facer para resolver rápido o cubo. Ademais, o cubo ten seis orificios nos seis caras para que os brazos do robot poidan manipulalo.
Nunha das probas, a máquina conseguiu facer o crebacabezas en tan só 1,04 segundos.
Actualmente, a máquina que ten o récord puido resolvelo en 3,253 segundos. Agora, Flatland e Rose están en proceso de tramitacións para conseguir que o seu robot sexa recoñecido polo Guiness World Record.
FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia
0 comentarios