Blogia
vgomez

OS INVENTOS MÁIS RAROS DO MUNDO III

Continúo co repaso dalgúns dos inventos raros que sorprenderon ao mundo.

3. Panjandrum



Durante a Segunda Guerra Mundial, os enxeñeiros británicos idearon unha arma estraña e finalmente errada coñecida como o Gran Panjandrum. Tratábase dunha bomba autopropulsada experimental cuxo obxectivo era destruír fortificacións durante os asaltos anfibios. Constaba de dúas grandes rodas conectadas por un tambor central cheo de explosivos, propulsado por foguetes suxeitos ás rodas. Con todo, lonxe de ser unha arma bélica eficiente, o Pajandrum resultou un proxecto incontrolable, no que fallaban os foguetes e o dispositivo non paraba de desviarse violentamente do seu rumbo, polo que foi abandonado.

Continuará...

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.com   Imaxes: British Government - Imperial War Museums., Public Domain

0 comentarios