Blogia
vgomez

CAL É O RÉPTIL MÁIS GRANDE DO MUNDO?



O réptil máis grande é o crocodilo de auga salgada. O crocodilo mariño ou crocodilo de auga salgada (Crocodylus porosus) é o crocodilo de maior tamaño do mundo e o maior réptil do planeta. Poden pesar ata 1.500 kg e medir 6 ou 7 metros de longo.

Como indica o seu nome común máis frecuente, este crocodilo pode vivir en ambientes mariños, e é a especie de crocodiliano que máis se aventura no mar, pero normalmente reside en ambientes salinos e salobres como mangleirais, esteiros, deltas, lagoas costeiras e cursos inferiores dos ríos. Ten a área de distribución máis ampla de todos os crocodilos modernos, que vai desde as costas da India e Ceilán pasando polo sueste asiático, Filipinas, Indonesia e Nova Guinea chegando a todo o norte de Australia e algunhas illas máis ao leste.

Tamén é o depredador de río máis grande do mundo. É un carnívoro oportunista e formidable superdepredador. Caza a maioría das presas emboscándoas e despois afogándoas e tragándoas enteiras. Pode superar e comer a case todos os animais que entren no seu territorio, incluíndo outros superdepredadores como os tiburóns, certas variedades de peixes de auga doce e salgada incluíndo especies peláxicas, invertebrados como crustáceos, varios réptiles, aves e mamíferos, e incluso ataca aos humanos. Debido ao seu tamaño, agresividade e distribución, considérase o máis perigoso dos crocodilos existentes para os humanos.

FONTE: muyinteresante.es e gl.wikipedia.org

0 comentarios