INVENTOS ACCIDENTAIS QUE CAMBIARON O MUNDO VI
Continúo coa serie Inventos accidentais que cambiaron o mundo dos últimos dous séculos, onde descubriremos como o azar e non o tradicional, longo e lóxico proceso de pensamento, reflexión, experimentación e desenvolvemento, xogou un papel crave nalgúns dos máis grandes inventos do mundo. Hoxe...
6. Raios X
Todo comezou cando en 1895, un físico alemán chamado Wilhelm Roentgen estaba a traballar cun tubo de raios catódicos. A pesar do feito de que o tubo estaba cuberto, viu que unha pantalla fluorescente próxima brillaba cando o tubo estaba aceso e a habitación ás escuras. Os raios iluminaban dalgunha forma a pantalla. Tratou de bloquear os raios, pero a maioría das cousas que colocaba fronte a eles non marcaban ningunha diferenza. Con todo, cando puxo sen querer a súa man fronte ao tubo, descubriu que podía ver os seus ósos na imaxe proxectada na pantalla. Substituíu o tubo cunha placa fotográfica para capturar as imaxes e así naceron as primeiras radiografías.
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es
0 comentarios