Blogia
vgomez

OS GATOS PODEN CONTAXIARSE A COVID-10 ENTRE ELES

percds / Getty Images/iStockphoto

Os gatos poden ser infectados con relativa facilidade co coroavirus SARS-CoV-2, causante da Covid-19, e poden transmitir este virus a outros gatos, segundo un estudo realizado en laboratorio un número reducido número de animais por científicos de Estados Unidos e Xapón. Os resultados desta investigación foron publicados na revista especializada New England Journal of Medicine o pasado mércores en formato Correspondence (carta ao editor), utilizado para dar a coñecer de forma urxente e resumida resultados preliminares de estudos científicos.

O estudo foi dirixido polo profesor Yoshihiro Kawaoka, da Facultade de Medicina Veterinaria da Universidade de Wisconsin (Estados Unidos) e baseouse na  inoculación en tres gatos confinados en laboratorio, en gaiolas individuais, de mostras de SARS-CoV-2 procedentes dunha persoa afectada pola Covid-19. Un día despois da introdución artificial do coronavirus nos gatos, os investigadores tomaron mostras das fosas nasais dos tres animais e puideron detectar o virus en dous deles. A día seguinte, o terceiro gato da proba tamén presentaba o coronavirus.

Na segunda fase do experimento, os investigadores colocaron un gato non infectado en cada unha das tres gaiolas, acompañando a cada un dos gatos que xa tiñan o SARS-CoV-2.

Os investigadores tomaron a diario mostras nasais e rectais dos seis gatos para avaliar a presenza do virus. Aos dous días desta segunda fase, un dos gatos non infectados inicialmente xa mostraba presenza do virus, presumiblemente por contaxio do seu compañeiro infectado. En seis días, todos os gatos mostraban a presenza do virus nas mostras nasais (sen detección nas mostras  rectais).

O SARS-CoV-2 foi detectado nestes gatos durante polo menos seis días pero, destacan os investigadores, ningún deles  mostro signos externos claros de padecer a enfermidade, e todo os gatos recuperáronse e finalmente deixaron de ter o virus.

Os resultados deste estudo suxiren que os gatos poden infectarse co novo coroavirus, con relativa facilidade e rapidez, cando están expostos a persoas ou outros gatos co  SARS- CoV-2.

O novo estudo coincide nos seus resultados con varios outros publicados anteriormente, aínda que achega detalles sobre a rapidez do contaxio en condicións controladas como un laboratorio.

Os autores do novo estudo reiteran que as persoas con síntomas de  Covid-19 deben evitar o contacto cos gatos. Tamén aconsellan aos donos de gatos que manteñan a estas mascotas no interior das súas casas para limitar o contacto con outros animais e persoas.

Neste novo estudo non se achega ningún dato, nin a favor nin en contra, sobre a posibilidade de que os gatos infectados polo novo coroavirus poidan transmitir este axente aos humanos e, en consecuencia, non se pode especular sobre a  posibiliad de que sexan  vectores da enfermidade.

Os humanos seguen sendo o maior risco para outros humanos na transmisión do virus.

Ruthanne Chun, decana asociada de asuntos clínicos nesta mesma universidade, explicou que en base ao coñecemento científico actual, consolidado polos datos do novo estudo, débense manter as seguintes recomendacións:

- Se a súa mascota vive no interior do seu fogar, con vostede e a súa familia, e non está en contacto con ningún outro gato ou persoa afectado pola Covid-19, non ten vostede por que preocuparse; pode seguir a súa vida normal e relacionarse co seu gato sen ningún temor.

- Se vostede está afectado pola Covid-19 ou ten sospeitas de estar infectado, debe limitar as interaccións coas súas mascotas para protexelas da exposición ao virus.

FONTE: Joaquim Elcaho/lavanguardia.com

0 comentarios