Os cidadáns usan cada vez máis toallitas húmidas de hixiene íntima, desmaquillantes, limpadoras para cristais, mobles, etc. Pero ao tiralas ao retrete, estas convértense en xigantescos "monstros": estímase que as depuradoras recollen en España 10 quilos por persoa ao ano. Ademais, para limpar e emendar as roturas e atascos que producen, unha cidade dun millón de habitantes gasta uns catro millóns de euros anuais. E non é o único impacto que causan.

Estes dous vídeos pretenden concienciarnos do problema e animarnos a solucionalo de forma sixela.

FONTE: Álex Fernández Muerza/Revista Consumer/Medio Ambiente urbano