Blogia
vgomez

A CARRIZA

Carriza / Imaxe: cultura/elpais.com

Se hai un paxaro pequeno, iste é a carriza (Troglodytes troglodytes), sendo o terceiro máis pequeno de Europa. Hai unha frase popular que emprega o seu nome: eres pequena coma unha carriza.

É un paxaro de feitura arredondada, que adoita levar a cola erguida. A súa lonxitude oscila entre 9-10,5 cm, cunha envergadura de 13 a 17 cm e un peso de 10 gramos. Ten un bico afiado e lixeiramente curvo, castaño escuro na parte superior e amarelo na inferior. Na xunta do bico ten plumas a xeito de peliños. Os ollos teñen o iris de cor acastañada. A plumaxe é castaña avermellada na parte superior do corpo e máis claro nas partes inferiores. Ten unha lista superciliar de cor crema, pouco definida, que acaba na zona dos oídos, que é escura. Sobre da cola, as ás e os flancos teñen debuxos de liñas ondeantes de cor castaña escura. A cor dos pes varía entre a da carne e o acastañado. Non amosan dimorfismo sexual, por ben que as ás dos machos adoitan ser algo máis longas cás das femias. Sorprendentemente ten un potente canto para o seu tamaño, tanto do macho como da femia, é un trino limpo e sonoro que lembra ao dun canario.

É unha ave insectívora (larvas, eirugas, arañas...), facendo un niño moi traballado en forma de bóla de brión, follas e herbas, en matogueiras espiñentas, enredadeiras, cheas de madeiros ou buracos de árbores, pedras ou paredes.

En días como os que temos nestas datas, fríos, está moi activo, aproximándose moito á xente que está a realizar traballos no campo.

FONTE: seo.org e gl.wikipedia.org

0 comentarios