The Wave / Imaxe: talesfromadreamer.wordpress.com

Esta insólita área natural, que se atopa situada no estado de Arizona (EE.UU.), forma parte da reserva Paria Canyobn-Vermillion Cliffs Wilderness e é popularmente coñecida co nome de The Wave (a onda). A particular forma destas ondas de pedras areniscas de distintas tonalidades, con remuiños e xiros, é o resultado da erosión provocada polo vento durante o longo transcurso dos séculos. Segundo os científicos, antigas dunas de area convertéronse en roca dura e compacta, calcificándose en capas verticais e horizontais, o que lle dá o espectacular aspecto que hoxe vemos. 

O contraste das súas cores, dende o negro e o marrón ao beis e o branco, co intenso ceo azul logra o resto da impactante composición visual que podemos observar en fotos como a de arriba, con esas ondas que se curvan e ondulan a través de toda a paisaxe.

Esta exótica paraxe formouse hai 190 millóns de anos, durante o período Xurásico. Os que acoden ao lugar aseguran que é como visitar outro planeta, xa que, é tan diferente ao que viron antes, senténdose alí como extraterrestres.

Iso si, para poder entrar no lugar hai que solicitar un permiso de acceso, e só concédense dez ao día. A que se deben estas cotas? A que se trata dunha formación de natureza moi fráxil e, por tanto, os visitantes deben ter moito coidado de non causar na contorna ningún dano.

FONTE: Álex Fernández Muerza/Raquel de la Morena/Revista Muy Interesante