revolucion francesa - revoluciones burguesas

"A Liberdade guiando ao pobo", cadro pintado por Eugène Delacroix en 1830

A resposta á pregunta do día anterior é CRISTOBAL COLÓN. Cristóbal Colón ten unha orixe incerta. O consenso entre os expertos sobre o lugar de nacemento é que naceu na República de Xénova.​ As teorías alternativas sobre a súa orixe foron xeralmente rexeitadas polos principais expertos: catalana, sefardí, galega, portuguesa... Como consecuencia o ano de nacemento oscila entre o ano 1436 e 1451.O que está claro e que morreu en Valladolid, 20 de maio de 1506. Foi un navegante, cartógrafo, almirante, vicerrei e gobernador xeral das Indias Occidentais ao servizo da Coroa de Castela. É famoso por realizar o descubrimento de América, o 12 de outubro de 1492, ao chegar á illa de Guanahani, actualmente nas Bahamas.

E imos coa pregunta de hoxe...

24. A Revolución francesa foi un conflito social e político, con diversos períodos de violencia, que convulsionó Francia e, por extensión das súas implicacións, a outras nacións de Europa que enfrontaban a partidarios e opositores do sistema coñecido como o Antigo Réxime. Iniciouse coa autoproclamación do Terceiro Estado como Asemblea Nacional en 1789 e finalizou co golpe de estado de Napoleón Bonaparte en 1799. Quen reinaba daquela en Francia?

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: Adaptación propia da idea de juandb/viralizalo.com