Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE OS DINOSAUROS XII

 
  
A impresión dun artista sobre como se podería ver o cráter  pouco despois de que un meteorito caese / Imaxe: nytimes.com

A resposta á pregunta do día anterior é UN GRAN METEORITO IMPACTOU SOBRE O PLANETA. Hai uns 65 millóns de anos, un meteorito estrelouse contra o noso planeta, o que desencadeou a extinción que arrasou cos dinosauros na Terra. Chocou cunha enerxía equivalente a 100 millóns de bombas atómicas e deixou unha cicatriz de 180 quilómetros de ancho. Estímase que o meteorito que formou o cráter medía polo menos dez quilómetros de diámetro.

  

E imos coa pregunta de hoxe...

  

12. Como se chama o cráter onde se supón que caeu o meteorito e onde se atopa situado?

- Cráter da Terra de Wilkes, Antártida

- Cráter Barringer, Arizona , EEUU

- Cráter de Chicxulub, Península de Iucatán, México

- Cráter Popigai, Siberia, Rusia

  

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: muyinteresante.es / dinosaurios.info e wikipedia

0 comentarios