20180115130501-ca5703c62b274731eb79c38e66c2a91d-radio-wave-morse-code.jpg

Guillermo Marconi / Imaxe: pinterest.co.uk

A resposta á pregunta do día anterior é SAÍDA DA FÁBRICA LUMIÉRE. A pesar de que algunha pequena secuencia moi curta fora gravada algúns anos antes, non foi ata que apareceu o cinematógrafo que se puido gravar a que se considera a primeira película da historia: "Saída da fábrica Lumière" (1895), onde se pode ver nunha secuencia de 46 segundos aos obreiros saíndo da fábrica. Tras esta, filmaron "Chegada do tren á estación" (1895), cuxa proxección causou pánico entre os espectadores quen creu que o tren se abalanzaba sobre eles. "O regador regado" (1895) foi a primeira película con fío argumental, e en 1902 George Méliès filmou a que se considera a primeira película de ciencia ficción, "Viaxe á lúa".

E imos coa pregunta de hoxe...

3.  O italiano Guillermo Marconi foi recoñecido como o inventor da radio, pero a quen se considera actualmente o creador deste invento?

- Thomas Alva Edison

- Nikola Tesla

- Alexander Graham Bell

- Reginald Fessenden

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: nationalgeographic.com.es