Blogia
vgomez

PRESENTADA MODELO AULA ABALAR

PRESENTADA MODELO AULA ABALAR

A Consellería de Educación vén de amosar aos directores dos centros nos que se vai implantar este curso 2010/2011 o Proxecto ABALAR, entre os que se atopa o noso IES, un modelo de aula totalmente equipado cos materiais contemplados neste plan. Nun acto informativo celebrado no CIFP Politécnico de Santiago de Compostela, o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Jose Luis Mira, explicou aos membros da comunidade educativa o funcionamento destas aulas, que puideron comprobar in situ grazas á exposición instalada.

A aula que puideron visitar estaba dotada dun encerado dixital, un carriño de carga para os ultraportátiles e un ordenador para o profesor. Así mesmo estaban colocadas nas mesas modelos dos ultraportátiles que utilizarán as alumnas e alumnos, todos eles de última xeración e, con pantalla táctil, e unha resolución equivalente á das pantallas de 11,6 polgadas. Ademais, os asistentes puideron comprobar o uso destes netbooks como tablet PC, unha das características que converte aos equipos que vai ofrecer o ABALAR nun referente de calidade.

Ao fin da visita o director xeral de Educación amosouse satisfeito pola acollida que tivo a instalación entre os membros da comunidade educativa, mostra que anticipa que "o esforzo que está a facer a Consellería para a impantación das TIC no sistema educativo galego gozará de seguro dun recoñecido éxito".

FONTE: Consellería de Edicación e O. Universitaria

0 comentarios