20180115182933-1885benz.jpg

O primeiro coche cun motor de combustión interna de 1855 / Imaxe: es.wikipedia.org

A resposta á pregunta do día anterior é 180. A “Biblia de 42 liñas”, coñecida así pola cantidade de liñas que se imprimían en cada unha das súas páxinas, foi o segundo libro que saíu das entrañas do novo aparello do alemán Johannes Gutenberg tras o “Misal de Constanza”, en 1449. Actualmente consérvanse ao redor de 40 daqueles exemplares únicos. Moito antes na historia documentáronse outros casos de impresión (na Roma do s. V a. C. e na China do s. XI), pero o mecanismo da imprenta mediante tipos móbiles ideado por Gutenberg revolucionou o mundo da edición.

E imos coa pregunta de hoxe...

6.    No ano 1886, o inventor do primeiro coche cun motor de combustión interna solicitou a patente para rexistrar o seu invento. Sabes quen foi?

- Xullo Verne

- Rudolf Diesel

- Karl Benz

- Ferdinand Porsche

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: nationalgeographic.com.es