A investigadora educativa canadense, afincada en Barcelona, Catherine L’ Ecuyer móstrase especialmente preocupada pola relación entre a infancia e a tecnoloxía. Admiradora da pedagoga María Montessori e autora dos libros "Educar no asombro” e "Educar na realidade”, L’ Ecuyer sostén que na educación hai que priorizar o descubrimento e a invención. Segundo ela, "a mellor preparación para o mundo online é o mundo real", un escenario no que o rol dos profesores é clave: "Os mestres acenden a curiosidade con paixón, afecto, intuición e sensibilidade. Non hai dispositivo electrónico que iguale iso”, explica.

FONTE: aprendemosjuntos.elpais.com