Blogia
vgomez

A ANTÁRTIDA: UN CONTINENTE PARA A PAZ E A CIENCIA



O descubrimento do buraco na capa de ozono fíxonos, por primeira vez, globais e ecoloxistas. Poderiamos falar de deforestación, de contaminación de terra e mares, de plásticos… Estamos por un camiño equivocado e claramente temos que rectificar”. Con esta mensaxe, o físico, científico e escritor Javier Cacho resume a súa experiencia como observador privilexiado da natureza.

Javier Cacho iniciou a súa carreira científica especializándose no estudo da capa de ozono para a Comisión Nacional de Investigación Espacial en 1976. Posteriormente traballou no Laboratorio de Estudos da Atmosfera do Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA). A súa investigación sobre a destrución do ozono no territorio antártico comezou na Primeira Expedición Científica Española á Antártida en 1986, que continuou como colaborador da Comisión Interministerial de Ciencia e Tecnoloxía no Programa Antártico Español, Secretario do Comité Nacional de Investigación Antártica de España, delegado no Scientific Committe on Antárctic Research e xefe da base antártica española Juan Carlos I durante varias campañas.

Ao seu labor científico suma unha longa traxectoria divulgadora, como coordinador e editor de varias publicacións especializadas en temas ambientais, director da Unidade de Cultura Científica do INTA e autor de libros como ‘Antártida: O buraco de ozono’, primeiro título en castelán sobre este tema. O seu contacto co continente xeado fíxolle investigar e profundar na chamada Idade Heroica da Exploración Polar, etapa sobre a que publicou varios títulos, entre os que destacan ‘ Amundsen-Scott: duelo na Antártida’, ‘Shackleton, o indomable’, ‘Nansen. Mestre da exploración polar’ e ‘ Eu, o Fram’.

0 comentarios