Tiina Mäkelä é directora para España e América Latina do Programa KiVa contra o ’bullying’. Este método foi creado en 2007 a proposta do Goberno finlandés na Universidade de Turku pola investigadora Christina Salmivalli. Ofrece estratexias para identificar, combater e previr o bullying traballando sobre as condutas de agresores, público espectador e atención ás vítimas. Hoxe está presente en escolas de EEUU, Reino Unido, Alemaña, Latinoamérica, Sudáfrica e España. Os estudos realizados nestes países demostran a súa efectividade: só no primeiro ano de implantación, KiVa logra reducir entre un trinta e un cincuenta por cento os casos de bullying. Doutora en Ciencias da Educación, Makela ofrece as claves para saber se un neno está a sufrir "acoso escolar", así como a mellor maneira de intervir.