COMO ESPERTAR A CREATIVIADE
Leva máis de trinta anos dedicando a súa vida á educación. Angélica Sátiro é autora de máis de 200 libros pedagóxicos para nenos, e de innumerables publicacións sobre creatividade e pensamento crítico na infancia. É doutora Cum Laude en Pedagoxía pola Universidade de Barcelona, magíster en Creatividade Aplicada pola Universidade de Santiago de Compostela e posgraduada en Pedagoxía filosófica pola Universidade Federal de Minas Gerais (Brasil). Firme defensora de fomentar o pensamento creativo nos nenos, Angélica avoga por un sistema educativo capaz de conxugar o reflexivo e o autónomo. Segundo explica, “se na casa e na escola o ambiente sempre é a repetición do mesmo, como vai desenvolverse a creatividade?”. Como experta internacional neste campo, asegura que no ámbito educativo “fálase moito de creatividade; pero tristemente, aínda está no discurso e pouco na práctica”. Foi conferenciante, creadora e asesora de proxectos de innovación educativa en máis dunha decena de países de América Latina, así como en España e outros países europeos. Investigadora incansable, outra das súas liñas de traballo é a denominada ‘Filosofía para nenos’. Para ela, “cada situación cotiá é unha oportunidade para que os nenos aprendan a pensar de forma creativa”.
0 comentarios